Aprazada ao martes 10 a xornada de formación para adestradores

A xornada de formación para adestradores "E ti como adestras?" que estaba programada para hoxe xoves trasládase ao próximo martes 10 de maio, mantendo o horario habitual das 22:30 horas, no Palacio dos Deportes de Riazor.

Fernando Buendía, adestrador do equipo junior do club que acaba de participar na fase final do Campionato de España cunha meritoria vitoria ante o CB La Solana, será o encargado de dirixir a sesión, na que abordará o tema ?Fomentar a liberdade para decidir?.

Lembramos que a entrada a estas charlas é gratuíta e aberta todos os adestradores/as da cidade e área metropolitana. Os interesados poden inscribirse a través do correo club@basquetcoruna.com e o teléfono o Club, o 981 264 022.

A Federación Galega de Baloncesto outorgará aos asistentes tres horas de formación complementaria para a obtención do título de adestrador.

Á sesión do próximo martes sucederanlle as dúas últimas do programa, é dicir, a prevista para o 19 de maio sobre "Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación", por Jorge Iglesias, e a do 9 de xuño, sobre "Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación", por Mª José Cousillas.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.