Albert Homs uniuse ao traballo co grupo

O día foi longo para o xogador, comezou a mañá pasando o recoñecemento médico, tras o cal, uniuse á parte final da sesión matutina que estaba a desenvolver o grupo pola mañá.

Esta tarde, a partir das 17 horas, o equipo volverá adestrar ás ordes de Perico Diaz no Palacio dos Deportes de Riazor.

Doutra banda, esta noite está prevista a chegada do Laszlo Dobos á Coruña tras disputar o preeuropeo coa súa selección nacional. Mañá a partir das 9.00 horas, pasará recoñecemento médico na clínica Quiron de Riazor. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, unirase ao traballo co resto do equipo.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.