Agradecemento a Miguel García Feijóo, xerente do Leyma Coruña o últimos catro anos

Tras catro anos á fronte do Leyma Coruña, Miguel García Feijóo decidiu pechar a súa etapa no club. Conclúe así o seu segundo ciclo no club, o primeiro centrado en aspectos puramente deportivos, e este segundo ciclo xestionando unha etapa crucial na consolidación e crecemento, así como a transformación en SAD.

Son numerosos os éxitos que cultivou o Leyma Coruña durante este catro anos, co crecemento do número de equipos nas categorías basee, a profesionalización do corpo de adestradores, a organización e o éxito dos Campus de Nadal, de Semana Santa, o Millenium e o torneo Teresa Herrera de minibasket co que o club dá a benvida a cada novo ano.

En clave do equipo profesional de LEB Ouro, o club xogou tres playoffs de ascenso durante o catro últimas tempadas, alcanzando as semifinais na tempada 2015-16, onde se perdeu o quinto partido en Melilla, e gozando doutro momento álxido nos cuartos de final das 2017-18, cando se claudicó o quinto partido en Manresa nunha eliminatoria moi igualada, equipo que ao cabo logrou o ascenso a ACB.

O club en nome da súa xunta directiva, empregados, colaboradores e afeccionados quere agradecer a Miguel a dedicación, ilusión e todo o traballo desenvolvidos todos estes anos, que serviron para consolidar e facer crecer o club, e nos que se sentaron as bases para seguir progresando no futuro. Quere agradecerlle tamén a transición e traspaso de papeis realizada co novo director Yago Álvarez. Por último, toda a #FamiliaNaranja deséxalle a Miguel moito éxito profesional e persoal nos seus novos retos.

Mil grazas Miguel, es e serás parte da historia deste club.

Yago Álvarez, novo director xeral

O club quere anunciar a contratación de Yago Álvarez e darlle a benvida á que será a súa casa a partir de agora. Yago Álvarez, licenciado en económicas e profesional con máis de 20 anos de experiencia no mundo empresarial, é desde agora o máximo responsable de xestionar o club e de liderar o seu crecemento.

Queremos desexarlle a Yago moitísimo éxito neste novo desafío profesional infestado de retos, e pedir o apoio a todos os nosos seguidores, traballadores, xogadores e familias á persoa que desde agora dirixirá o destino do club co apoio do Consello de Administración.