ADOS será homenaxeada no primeiro encontro da tempada 2020-2021

Retomando as nosas causas solidarias, no partido desta xornada 2 da tempada 2020-2021, homenaxeamos a ADOS.

A "Axencia de Doación de Órganos e Sangue" é un organismo público da Xunta de Galicia que comezou o seu traballo en 1993. En 2016, integran ao seu labor, a doazón de sangue, órganos e medula ósea.

Entre as súas principais funcións, destacan:
- Promoción da doazón de sangue.
- Atención ás persoas que doan sangue en Galicia.
- Procesamiento e análise da doazón de sangue.
- Envío de compoñentes sanguíneos a 36 hospitais, diariamente.

Actualmente atópanse fomentando a campaña "A solidariedade está dentro de ti", da cal nos facemos eco.


Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 quilos, doa sangue. Podes pedir cita no teléfono gratuíto 900 100 828.

APLAUDE CO CORAZÓN.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.