O vindeiro venres 30 de agosto no Edificio A Base (Praza San Andrés, 1 da Coruña) nun acto esponsorizado por Mahou, un dos patrocinadores de referencia do club, que puxo a disposición do club o recinto e a organización, terá lugar un acto informal que servirá para dar por iniciada a tempada 2019-20.
O evento está destinado aos accionistas do club ?poderán asistir con dous acompañantes como máximo-, que deben formalizar a súa inscrición seguindo as instrucións recibidas por email esta semana.
O recinto ten unha capacidade limitada, polo que a inscrición previa para acceso ao mesmo é imprescindible. O edificio A Base abrirá as súas portas á 19:30 horas e permanecerá aberto ata as 22:30 horas.
A chegada do equipo profesional de Leb Ouro e do corpo técnico está prevista ás 20.00 horas, e permanecerán no recinto ata as 21.30 aproximadamente. O acto desenvolverase nun ambiente informa, no que os asistentes poderán coñecer de primeira man e charlar cos xogadores. Haberá un espazo destinado a photocoall, un fotomatón para que se poidan realizar fotos instantáneas e firmas dos xogadores, unha rolda de prensa infantil onde os máis pequenos poderán facer os seus ?inocentes? preguntas, e Mahou ofrecerá bebidas e servizo de catering para todas as idades.
Desde o Club queremos agradecer a Mahou a súa colaboración para a organización deste evento e esperamos que os accionistas que decidan acudir gozar do mesmo.