Acordo de renovación entre Augustas Peciukevicius e o Leyma Básquet Coruña

O Club Básquet Coruña está moi contento de anunciar o acordo ao que se chegou co noso xogador Augustas Peciukevicius para continuar coa súa vinculación ao Leyma Básquet Coruña ata final de tempada. Pecius converteuse nunha peza fundamental do equipo destacando pola súa enorme profesionalidade e predisposición desde que chegou á entidade coruñesa.

Así mesmo, o xogador Mike DiNunno e o club laranxa han decidido conxuntamente desvincular a súa relación contractual. Queremos destacar o gran comportamento e profesionalidade que en todo momento demostrou Mike nunha tempada onde, chamado a ser un xogador crave dentro do persoal, unha inoportuna lesión privounos de poder gozar do seu xogo. A base regresará a Chicago no día de hoxe, e desexámoslle a maior das sortes.