ACODI será a homenaxeada no ?17 partidos, 17 causas? deste domingo

O Básquet Coruña dedicará o seu programa ?17 partidos 17 causas? da Obra Social A Caixa a ACODI, no partido deste domingo fronte a Chocolates Trapa Palencia, e coincidindo con que o próximo 14 de novembro é o Día Mundial da Diabetes.


A asociación, sen ánimo de lucro, fundouse no ano 2006 coa idea de dar apoio, soporte, información e difusión a todas aquelas persoas con diabetes e a sensibilizar ao resto da poboación dunha patoloxía que en ocasións existe e que os afectados ignoran que a padecen.


Para eles, o momento de maior transcendencia, pola súa visibilidade, é a segunda semana de novembro, coincidindo co Día Mundial da Diabetes, o 14 de novembro. Este ano a lema elixido é ?Diabetes. Protexe a túa familia?, seguindo a liña do ano anterior, co obxectivo de concienciar sobre a forza que ten esta rede de apoio para os pacientes. Ademais, destacarase o papel dos familiares no manexo, o coidado, a prevención e a educación sobre todos os aspectos vinculados coa diabetes.


Con todo, durante todo o ano realizan actividades de información diabetológica, material divulgativo, campamento de verán para niñ@s e novos, asesoramento xurídico, apoio a debutantes? así como participamos con outras asociacións en diferentes campañas de reivindicación de dereitos para este colectivo.


Desde o Básquet Coruña queremos homenaxear no partido a esta entidade que traballa por mellorar a vida das persoas que sofren diabetes, informar acerca da importancia da detección da mesma, apoiar a todos os pacientes, especialmente aqueles con diabetes I que afecta fundamentalmente a nenos e novos e que condiciona de forma moi importante a súa vida social, escolar e familiar.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.