A “Asociación coruñesa de persoas con diabetes” estará connosco na partida fronte ao COB.
Coincidindo coa semana na que se celebra o Día Mundial da Diabetes, o Leyma quixo convidar os membros de ACODI, ao partido do próximo domingo entre o Leyma Básquet Coruña e o COB Ourense.
Esta asociación vén organizando ao longo da semana, unha serie de actividades de concienciación, prevención e manexo da enfermidade. Esta semana de actos, terá como colofón a asistencia ao partido do próximo domingo entre o Leyma Básquet Coruña e o COB.
Eles serán os nosos invitados para este partido dentro do proxecto de apoio a causas solidarias da cidade.
Moitas grazas polo seu traballo.