Academia Celta en categoría feminina e Marín Peixe Galego en masculina foron os flamantes gañadores do XII Torneo Teresa Herrera de Minibásquet organizado polo Básquet Coruña.
O conxunto celeste revalidou o seu título por cuarto ano seguido tras imporse na final feminina á Selección Galega 2007 (59-34). A terceira posición foi para Baloncesto Feminino León 06 que gañou a Costa Ártabra (60-45).
Mentres na final masculina o Marín Peixe Galego venceu ao Colexio Leonés A (81-69) e o Montrove levou o duelo polo terceiro e cuarto posto ao Novobásket de Vigo de forma axustada na prórroga (77-75).
As emocionantes finais foron retransmitidas en directo e contaron coa presenza do speaker dos partidos do Leyma Coruña de Leb Ouro, Sergio Tomei.
O torneo finalizou coa entrega de premios e a tradicional foto de familia. Desde o club Básquet Coruña queremos agradecer a todos os participantes e ás súas familias a súa comprensión polos necesarios cambios de instalación por seguridade dos xogadores e xogadoras debido á condensación nas pistas que ían ser sede.
Esperámosvos o ano que vén na edición 12+1 do Torneo Teresa Herrera de Minibásquet.
Ranking feminino
Academia Celta
Selección Galega 2007
Baloncesto Feminino León 06
Costa Ártabra
Ranking masculino
Marín Peixe Galego
Colexio Leonés A
Montrove
Novobásket