Aberto o prazo de inscrición para 3x3 ?Virxe do Rosario?

Un ano máis, o Club Básquet Coruña organiza este torneo de baloncesto en modalidade de 3 contra 3. O Torneo celebrarase nas instalacións da “Hípica”, o vindeiro sábado 4 de outubro en horario de 10 da mañá a 14 horas.

As categorías serán as seguintes:

-Benjamín: nacid@s no 2005 e 2006. 

-Alevín: nacid@s no 2003 e 2004.

-Infantil: nacid@s no 2001 e 2002.

-Cadete: nacid@s no 1999 e 2000.

-Junior:  nacid@s no 1997 e 1998.

Os partidos terán unha duración de 10 minutos por encontro e os equipos deberán estar formados por un mínimo de 4 xogadores e un máximo de 6.

Para participar non necesitas estar federado, unicamente debes encher o boletín de inscrición do teu equipo, así como as autorizacións pertinentes e entregalo nas oficinas do Club Básquet Coruña ou enviándoo por email a: club@basquetcoruna.com 

O prazo de inscrición finaliza o xoves 2 de outubro ás 20:00 horas.

Folla de inscrición.

Formulario de autorización.