Aberto o prazo de inscrición dunha nova edición do noso Campus Milenium.

O Campus Milenium arrinca unha nova edición este verán coa apertura das inscricións.

Desenvolveranse nas instalacións do Polideportivo Agra 2, Instituto Masculino e A Normal (antiga Escola de Maxisterio). Ademais realizaranse varias saídas durante o Campus para levar a cabo actividades noutras localizacións. O prazo de inscrición finalizará o 21 de xuño.

Estas poderán realizarse nas oficinas do club, situadas en Arquitecto Rei Pedreira, en horario de luns a venres de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.00 ou de forma online na web do club. No caso de optar pola inscrición online, esta unicamente se validará unha vez recibido o xustificante de pago correspondente.

O Campus Milenium é un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer no que se realizan ao longo do día innumerables actividades multideportivas. É xa unha referencia en en este tipo de actividades, que bate marcas de asistencia ano a ano e que conta ademais con multitude de actividades, aínda que por suposto co baloncesto sendo protagonista.

Desenvólvese en dúas semanas: 25, 26, 27 e 28 de xuño, 1, 2, 3, 4 e 5 de xullo, e pódese ampliar unha semana máis  o 8, 9, 10, 11 e 12 de xullo. O obxectivo é favorecer a práctica do baloncesto entre os mozos da cidade, desde un concepto lúdico. Así mesmo, busca ofrecer aos pais e nais unha alternativa de lecer deportivo e educativo de calidade para os seus fillos durante o horario laboral.

Ademais, outra meta pasa por promocionar a imaxe do Básquet Coruña como referente da sociedade coruñesa.

O planning de cada día será o seguinte: comezarán as actividades ás 09.00 horas e finalizarán ás 18 horas e estruturarase en catro bloques de actividade: dous deles serán de baloncesto, pola mañá con contidos de aprendizaxe e pola tarde con contidos máis lúdicos. Os outros dous bloques son recreativos, con actividades ao aire libre, piscina, canoas, escalada, talleres, visitas, etc. Tamén teremos xornadas especiais con excursión dun día completo. Como cada ano exporanse sorpresas e algunha actividade nova.

O prezo para as dúas semanas será de 300 euros, 260 para familias de xogadores do club, con 50 euros a sumar se se usa o servizo de bus, e de 425 euros se se quere ampliar á terceira quenda, do 8 ao 12 de xullo, 380 euros no caso das familias con xogadores laranxas e 75 euros adicionais no caso de que se opte polo autocar. Para que exista servizo de Bus deberá haber un mínimo de 20 solicitudes. Os buses sempre estarán asistidos por unha persoa da organización.

Arrinca o prazo de inscricións para unha nova edición do Campus Milenium, unha oportunidade de seguir gozando do baloncesto no verán nun contexto lúdico e formativo.