ABAC será a entidade homenaxeada nos "17 partidos, 17 causas" deste sábado

O Club Básquet Coruña homenaxeará a ABAC na causa social ?17 partidos, 17 causas? en colaboración coa Obra Social da Caixa. A homenaxe terá lugar o vindeiro sábado día 5 de xuño, no encontro entre Leyma Coruña e Covirán Granada, correspondente ao segundo encontro das semifinais de play-off da liga LEB Ouro e que se disputará en #OFornodeRiazor ás 18:30 horas.

A Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC) é unha entidade sen ánimo de lucro que leva 25 anos traballando nas áreas de prevención e tratamento dos trastornos da conduta alimentaria (TCA).

ABAC xurdiu da preocupación de moitos pais, afectados e persoas sensibilizadas cos trastornos relacionados coa alimentación que, despois de loitar contra o descoñecemento destes, e atoparse cuns recursos sanitarios públicos insuficientes, únense para tentar conseguir mellores condicións asistenciais para as persoas afectadas polos Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA).

En ABAC ofrecen un servizo de intervención terapéutica a través dun tratamento multidisciplinar integrado por cinco áreas terapéuticas: atención psicolóxica, atención psiquiátrica, reeducación da conduta alimentaria, educación social e recuperación física funcional.

Ademais, dispoñen dun comedor terapéutico e realizan accións de prevención, asesoramento nutricional con soporte psicolóxico e outras actividades terapéuticas. Proporcionando un tratamento multidisciplinar aos e as pacientes con trastornos da conduta alimentaria.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.