A vitoria ante Cáceres xa dispoñible en vídeo e imaxes

A lente fotográfica de Nando Martínez ofrece as súas instantáneas conxeladas para o recordo da vitoria sobre Cáceres Patrimonio da Humanidade da pasada xornada doce da Leb Ouro. Se o teu é o movemento, ofrecémosche tamén revivir o partido na nosa canle de Youtube, desde o que poderás seguilo con algunha mellora na realización respecto de anteriores partidos, como o seguimento continuo do marcador.

Non teremos que esperar demasiado para a próxima cita, xa que o domingo volvemos ao Palacio dos Deportes de Riazor para recibir ao Planasa Navarra ás 12:00 horas, aínda que antes visitaremos ao filial do Fútbol Club Barcelona.

Ligazón á galería de imaxes

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.