A Selección Española de Baloncesto xogará na Coruña o 6 de agosto

O Club Básquet Coruña ofrecerá a próxima semana as datas de venda de entradas para o partido que a Selección española de baloncesto disputará o próximo 6 de agosto na Coruña.

O rival da nosa selección, será Canadá, unha selección que conta con varios xogadores NBA nas súas filas, por parte da selección española, será unha ocasión inmellorable para gozar dunha das mellores xeracións do baloncesto español: Navarro, Felipe Reyes, Rudy Fernández, Calderón, Pau Gasol, Marc Gasol, Víctor Claver, Ricky Rubio, Sergio Llull, Sergio Rodríguez, Serge Ibaka e Alex Abrines. 

O partido disputarase un ano máis no Coliseum e o Club Básquet Coruña porá á venda varias localidades nas nosas oficinas para todos aqueles afeccionados que queiran gozar dun partido de máximo nivel.

Este partido servirá para preparar o  Mundial que se disputará do 30 de agosto ao 14 de setembro en España, unha competición, na que unha vez máis, os nosos loitarán polo máximo.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.