A SD As Xubias e o fútbol burbulla, no Campus Milenium

O Campus Milenium ademais de servir para seguir mellorando destrezas en baloncesto ou ter unha primeira aproximación lúdico-deportiva será complementado con outras actividades en diferentes disciplinas deportivas.

Unha delas será o kaiak, grazas á colaboración de SD AsXubias . Unha actividade que terá lugar na praia de Oza e que xa houbo a tempada pasada. Os participantes se enfundarán nuns chalecos salvavidas e realizaron unha travesía de trinta minutos en piraguas tanto individuais como por parellas.

A SD As Xubias repetirá así un ano máis a súa colaboración co Campus Mileniume do Básquet Coruña ensinando aos nosos participantes as bases do piragüismo nunha xornada de diversión na praia.

A outra será o fútbol burbulla, tamén presente en pasadas edicións. Unha modalidade do balompé que ten como peculiaridade que consiste en xogar metidos nunha burbulla, cos pés ao descuberto, o que posibilita golpear o balón, e unha apertura na cabeza.

Os xogadores chocan entre eles e rodan, sempre caendo sobre brando, tratando de esquivar aos seus adversarios, evitando irse ao chan e buscando marcar gol noutra forma de competir no fútbol.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.