A saúde tamén é protagonista no noso Campus

Como van os teus dotes de chef? No Campus Milenium terás ocasión de remangarte e porche ao choio, creando receitas de batidos sas e sorprendentes coas que deleitar a amigos, familiares? e a ti mesmo! Porque unha das actividades consistirá nun taller de cociña saudable dirixido por Proxecto Bululú (http://proyectobululu.es/).

Nesta sesión descubrirás froitas e verduras e as súas propiedades, aprenderás as técnicas dos chefs elaborando batidos e gozarás experimentando coa cociña. E, case o máis importante, comprenderás que comer san non ten por que ser aburrido!

Se comes de modo saudable seguro que xogarás con vantaxe no baloncesto e no resto dos deportes do Campus Milenium. 

Outra das actividades relacionadas coa saúde é o taller de RCP (resucitación cardiopulmonar). A probabilidade de que presenciemos na nosa vida unha situación de parada cardíaca é moi alta, e as manobras de RCP son fundamentais para enfrontarse a elas e aumentar exponencialmente a posibilidade de salvar vidas. Por iso pensamos que a realización deste taller é francamente interesante.

No Campus Milenium o protagonista será o baloncesto, con dúas sesións diarias, pero tampouco faltarán ocasións de aprender e experimentar novas actividades. Está claro, este verán temos un plan que vas quedar xeado!