A Refineria colabora co Club Básquet Coruña

Na tarde de onte,  o Director da Refinaría de Repsol na Coruña, Luís Felipe Chamas Gómez e o Presidente de Básquet Coruña, Manuel García Fandiño, asinaron un convenio de colaboración para apoiar ao club coruñés este 2014.

O acordo inclúe a colaboración con presenza publicitaria na cancha durante os partidos que xoga o equipo en casa dentro da competición LEB ouro; así como no anuario do club no que aparecen os xogadores de todas as categorías.

Este convenio vén sumarse ao patrocinio xa establecido pola Refinaría no XIV Torneo de baloncesto basee Radio Coruña e Básquet Coruña, que se iniciou en xaneiro e no que están a participar actualmente centenares de escolares divididos en tres categorías: infantil, benjamín e alevín.

Ambas as colaboracións enmárcanse dentro das actuacións de patrocinio e mecenado que a Refinaría da Coruña está a levar a cabo con motivo do seu 50º aniversario.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.