A primeira e de prestixio

Primeira vitoria da tempada, e de prestixio. Nunha das canchas máis complicadas, desde o inicio o Leyma Coruña demostrou que co seu carácter levaría a vitoria.

Dominando o rebote, intensos en ataque e moi ben plantados en defensa, os xogadores do conxunto coruñés mostraron un xogo fluído e ben organizado, permitíndolles estar por encima no marcador durante os 40 minutos.

Por moito que os locais loitaban e achegábanse, non conseguían romper a concentración e conexión laranxa, que esta vez foi a clave da vitoria. A pesar de que ata o descanso o marcador estivo máis apertado, á volta dos vestiarios pouco puideron facer os xogadores de Pablo Pin. O último cuarto foi un recital dos coruñeses, que selaban así a vitoria.

A próxima cita, o domingo ás 20:00h en #OFornodeRiazor ante Palmer Alma Mediterránea Palma. Alí esperámosvos, #FamiliaNaranja.

Resultados por cuartos: 20-25/40-41/61-67/79-88.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.