A Fundación Abrente e o seu Proxecto ENKI inauguran o programa 17 partidos, 17 causas desta tempada

Con este primeiro partido comezará unha campaña máis o noso programa '17 partidos 17 causas' en colaboración coa Obra Social A Caixa. Un programa no que cada partido como local do Leyma Coruña aproveita para homenaxear o labor social dunha ONG, Asociación ou entidade social da cidade.

Esta primeira homenaxe será para Proxecto Enki da Fundacióm Abrente, unha ONG que organiza a quinta carreira ENKI, o próximo 20 de outubro. Unha competición lúdico-deportiva que dá visibilidade ás persoas con diversidade funcional, desde unha perspectiva inclusiva, e que contará con 7.500 inscritos habendo agoitado xa as inscricións, o que dá mostras do seu gran acollida. Os participantes terán que pasar diferentes probas nas que haberá que mancharse como a fariña, auga ou obstáculos a salvar con cordas e pneumáticos, emulando barreiras que moitas veces se atopan as persoas con diversidade funcional no seu día a día.

Nesta carreira colabora o Básquet Coruña, o Concello da Coruña, a Obra Social a Caixa e a Fundación María José Jove. Ademais varios dos nosos equipos participarán na carreira xunto ás súas familias, colocando unha pinga laranxa entre esa marea de 7.500 participantes.

Este venres espéranos unha festa do baloncesto, na que esperamos que o Leyma Coruña poida iniciar de forma triunfal unha nova tempada na Leb Ouro.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.