A Federación convoca a xogadores da base do Club a unha nova xornada CETI

Como parte do seu programa de tecnificación para a tempada 2015-2016, a Federación Galega de Baloncesto convocou este fin de semana unha nova sesión de seguimento e avaliación técnica dos xogadores e xogadoras máis novas da comunidade autónoma.

Concretamente, máis dunha vintena de alevíns e benjamines do Club Leyma Basquet Coruña participarán o sábado día 6 de febreiro nos adestramentos que a delegación coruñesa de FEGABA celebrará nas instalacións polideportivas Agra 2, no horario que se indica máis abaixo.

Os nenos e nenas chamados por FEGABA para asistir a estas sesións son:

Alevíns 2004

Candea Rodríguez Vellón, Branca Fernández Borrazás, Gabriela Vizcaino Martínez, Nuria Catoira, Martina Gutierrez, Santiago Martinez Granda, Mateo Villanueva Lens, Roberto Varela Fernández, Miguel Fojo Rubio e Miguel Suarez Viqueira

Alevíns 2005

Branca Fernández, Pomba López, Andrea López, Anxo Casais Romeu, Mauro Gonta Gómez, Rubén Catoira Pertiagudo e Nicolás Lozano.

Seguindo as indicacións dos organizadores, o Club proporá tamén a un número de xogadores e xogadoras da categoría benjamín a participar nestes adestramentos, que contarán con horarios e grupos específicos para cada idade, todos eles a celebrar no Polideportivo Agra 2:

                           Pista 1             Pista 2             Pista 3

17:00 -18:00     2007 Masc        2007 Fem         2006 Fem

18:10 -19:10     2006 Masc        2005 Fem         2005 Masc

19:20 -20:20     2004 Masc                               2004 Fem