O Club Básquet Coruña S.A.D. indica que a Federación Española de Baloncesto emitiu un comunicado de prensa esta tarde, no que informa do seguinte:
?A Comisión de Presidentes de Federacións Autonómicas da Federación Española de Baloncesto, reunida telemáticamente hoxe con carácter de urxencia, ratificou a prolongación do adiamento das xornadas a disputar ata os próximos días 11 e 12 de abril en todas as competicións nacionais da FEB. Esta decisión adóptase como consecuencia da ampliación das medidas de emerxencia ditadas polas autoridades gobernamentais por mor da crise sanitaria do COVID-19.
Neste sentido, e como resultado da ampliación das medidas adoptadas polo Goberno de España en virtude do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, infórmase de que as xornadas comprendidas ata os días 11 e 12 de abril de 2020 de todas as competicións nacionais da FEB quedan tamén aprazadas en idénticos termos ás anteriores.
Así mesmo, cabe destacar que a Federación Española de Baloncesto está a actuar e actuará en consecuencia ás disposicións impostas en virtude do citado Real Decreto, así como en cumprimento de futuras medidas que puidesen adoptarse en relación a esta situación de crise sanitaria. Por último, a Federación confía en que á finalización deste período de excepcionalidade póidanse tomar decisións definitivas sobre as súas competicións nacionais?.