A excursión ao Aquapark de Cerceda, unha xornada moi especial do Campus Milenium

No club xa temos todo preparado para que os participantes do Campus Milenium gocedes ao grande e cúmprase a lema para o campus deste ano, ?Este verán temos un plan que vas quedar xeado?.

Entre as moitas actividades que programamos está a excursión dun día ao Aquapark de Cerceda, grazas ao convenio de colaboración renovado co Concello de Cerceda un ano máis. Como contrapartida, os mozos escolares da localidade cercedense virán á Coruña convidados o noso club para presenciar un partido de noso equipo LEB Ouro.

Para quen non coñezades este parque acuático recreativo, adiantámosvos que conta con numerosas atraccións adaptadas para as diversas idades de pequenos e maiores, ofrecendo desde as experiencias máis relaxantes como o jacuzzi e as piscinas ata as máis intensas e trepidantes como o Roaller Coaster, o multipistas ou o kamikaze. Sen dúbida pasarás unha xornada de diversión en compañía dos teus amigos e amigas de aventura!