A clave está na defensa

A pesar dun inicio de partido un pouco descafeinado por parte dos laranxas, pouco tardaron en meterse en faena. O primeiro cuarto foi bastante igualado por parte de ambos os conxuntos, finalizando 18-19.

A partir dese momento, o recital do equipo herculino foi tal, que cada vez se foi afastando máis no marcador, con canastras que mostran a gran calidade que posúen os xogadores do Leyma Coruña. O resultado ao descanso era de 42-28.

Á volta dos vestiarios, de novo o físico e a poderosa defensa dos coruñeses impuxéronse, sendo os protagonistas do partido. O terceiro cuarto terminaba 62-49.

O último período foi máis do mesmo. O resultado final de 82-66 permitiu aos laranxas levar o basketverage fronte ao visitantes. Unha gran vitoria que sitúa a Leyma Coruña en segunda posición tras 3 vitorias consecutivas, e que queda con 9 vitorias e 5 derrotas na súa marcadora.

O seguinte encontro será o vindeiro venres día 23 ás 19:00 horas en Son Moix ante Palmer Alma Mediterránea Palma.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.