A Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma, protagonista dos '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa

A Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma será a entidade protagonista de '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa. Unha homenaxe que terá lugar entre o primeiro e segundo cuarto do encontro ante o Covirán Granada deste martes día 19 ás 19 horas.

Os fins da asociación son promocionar a investigación e desenvolvemento do estudo do glaucoma, a través de reunións, conferencias e, se é posible, estimular o traballo científico sobre a devandita enfermidade, mediante convocatorias de premios e da publicación dunha revista da Sociedade.

Así mesmo, trata de fomentar a cooperación mutua de oftalmólogos do estado español e en manter un continuo contacto profesional con outra sociedade ou persoas dedicadas a fins similares.

Ademais, traballa para realizar campañas de divulgación e prevención en temas relacionados co glaucoma e informar as administracións sanitarias acerca da postura da Sociedade Española do glaucoma en relación ás prestacións aos enfermos glaucomatosos, tanto desde o punto de vista de calidade, medios e organización de asistencia, como desde calquera outro aspecto considerado de interese para a sociedade.

Quere, ademais, colaborar coa Comisión Nacional de Oftalmoloxía, Universidades, Hospitais e Administracións públicas para mellorar a formación dos profesionais sanitarios en todos os aspectos relacionados co glaucoma.

Desde o Básquet Coruña queremos recoñecer o seu labor non só desde o punto de vista da divulgación sobre a enfermidade, senón tamén desde o asesoramento e axuda ás persoas e familias que a padecen.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.