A Asociación Arela e Down Coruña protagonistas de "13 partidos, 13 causas"

A Asociación de Persoas con Discapacidade e Familiares de Cambre (Arela) nace no ano 2007, a través dun grupo de familiares de enfermos con algún tipo de discapacidade, xa sexa sensorial, cognitiva, física ou síquica que tiñan moitas inquedanzas e querían loitar polos dereitos das persoas con discapacidade e de poder ofertar, por unha banda, máis actividades de lecer e lecer para este colectivo, e doutra banda, poder ofrecer servizos de maneira máis económica que son necesarios para eles, tales como fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional.

Pola súa banda, Down Coruña ten como finalidade principal a realización de todas cantas actividades contribúan á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual en xeral, e con síndrome de Down en particular, e a das súas familias, a través da súa plena integración social.

As dúas entidades serán recoñecidas polo seu traballo cun homenjae no próximo partido de noso equipo LEB Ouro, no que poderemos gozar tamén coa actuación do grupo de baile de Down Coruña.