A alcaldesa Inés Rei recibe ao presidente do club Roberto Cibeira

Unha representación do club Básquet Coruña composta polo presidente Roberto Cibeira Moreiras,  o vicepresidente, Juan Carlos Fernández Ferreiro e o xerente Yago Álvarez reuniuse coa alcaldesa Inés Rei e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, en María Pita.

Unha primeira toma de contacto co consistorio coruñés que serviu para trasladarlles a actual situación, afrontando os últimos pasos para a súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva, o primeiro equipo e as súas aspiracións deportivas (co obxectivo futuro de lograr o ascenso a ACB) e a base, que conta con  700 nenos e nenas, entre escolas e equipos federados. 

 Pola súa banda, Inés Rei reiterou a implicación e compromiso por parte do concello de coidar a canteira e de poder dotar de máis instalacións para a práctica deportiva, non só coa futura construción dunha cidade deportiva, senón tamén coa mellora e amaño das xa existentes.

Un compromiso indispensable, xa que o club, que non para de crecer.  Actualmente fai uso de 16 instalacións, pero necesita máis pistas de xogo para dar cabida á demanda, pois conta actualmente con nenos e nenas en lista de espera. Así mesmo, a alcaldesa e o edil se comprometeiron a estreitar as relacións e a axudar ao fomento do baloncesto na urbe.

Ademais, púxose o valor o labor do Básquet Coruña no tocante á súa responsabilidade social corporativa, coa continuidade do programa '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa, unha iniciativa que destaca o labor de diferentes asociacións de diversa índole, que son homenaxeadas nos duelos dos laranxas como locais.




Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.