1 de maio. Concentración feminina

O vindeiro xoves, día 1 de maio (Día do Traballador), no Pavillón do Ventorrillo celebraremos a xa habitual CONCENTRACIÓN FEMININA  para nenas de entre 5 e 12 anos (2009 a 2002). Celebrarase en horario de 10.00 a 14.00, onde levarán a cabo unhas xornadas técnicas e lúdicas con diversos adestradores.
 O obxectivo principal desta actividade é potenciar o deporte feminino, e sobre todo, dar a oportunidade de reunir a distintas nenas da cidade que comparten a afección por este deporte.
A actividade é totalmente gratuíta e para participar unicamente debedes apuntarvos enchendo un boletín de inscrición facendo click aqui e enviando por correo unha copia do cartón sanitario ao correo actividades@basquetcoruna.com. Tamén poderás inscribirche nas oficinas do Club.