Primer equipo | 06/05/2018 14:15
Zach Monaghan, Xogador Cinco Estrelas do Leyma Coruña

Zach Monaghan recibiu esta mañá o premio ao Xogador Cinco Estrelas do Leyma Coruña na tempada 2017-2018. A base americano, que demostrou un gran nivel na cancha desde o seu retorno ao club laranxa, foi elixido os afeccionados como mellor xogador do equipo.
Este premio, que lle foi entregado por Francisco Cortiñas, Xestor de Mahou San Miguel na Coruña, está impulsado por Mahou Cinco Estrelas, un dos principais patrocinadores da entidade. O xogador, de 25 anos, mostrouse ?moi agradecido? por este recoñecemento, e declarou que ?este é, ante todo, un premio ao equipo e é bonito obter un recoñecemento dos afeccionados, pero o premio máis importante terá que chegar ao final do playoff?.
Mostrouse, ademais, confiado nas posibilidades do Leyma Coruña de face aos dous próximos partidos que disputará en casa ante Manresa, o vindeiro venres e o domingo. ?Creo que en playoff todo é posible e o partido do venres será o máis importante da tempada, por iso encantaríanos que viñese todo o mundo e que o Palacio se enchese?.
Sistema de votación
A dinámica de elección do Xogador Cinco Estrelas é sinxela. Despois de cada partido, os afeccionados votaron a través de Twitter, no perfil oficial do club @basquetcoruna, ao mellor xogador da xornada e Zach Monaghan acumulou o maior número de puntos ao final da competición regular. Coa entrega deste premio, Mahou quere mostrar o seu apoio ao Básquet Coruña e a toda a afección coruñesa nun momento crucial da tempada, en plena disputa do playoff de ascenso a ACB.
Primer equipo | 02/05/2018 14:15
Gustavo Aranzana considera que o play off é un premio para gozar
Primer equipo | 10/05/2018 14:15