Zach Monaghan, o noso xogador Cinco Estrelas de Mahou da tempada

Na mañá de hoxe, 23 de xuño, Zach Monaghan recibiu o premio Xogador Cinco Estrelas do Basquet Coruña correspondente á tempada 2020-2021.

Zach chegou ao noso club en 2015, e desde os seus inicios converteuse nunha peza fundamental do equipo. Esta tempada 2020-2021 cumpre a súa terceira etapa no Leyma Coruña. Cos seus triplos vertixinosos, a súa visión de xogo e os seus pases in-extremis o agarimo da afección ha ido crecendo ata converterse nun dos xogadores máis queridos.

Monaghan gañou, despois dunha gran tempada, este título de Xogador Cinco Estrelas iniciativa promovida por Mahou e que recoñece os méritos deportivos deste fabuloso xogador.

Coa entrega deste premio, Mahou demostra unha vez máis o seu compromiso e fiel apoio ao club. O Xogador Cinco Estrelas é un premio moi especial xa que son os propios afeccionados coas súas votacións os encargados de elixir os seus xogadores favoritos.