Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Equipos base | 01/12/2015 09:22

Xogadores da base do Club participarán na Xuntanza Mini da Federación Galega

Jugadores de la base del Club participarán en la Xuntanza Mini de la Federación Gallega

Unha xogadora e tres xogadores dos equipos basee do Club Leyma Básquet Coruña foron seleccionados pola Federación Galega de Baloncesto para participar na Xuntanza Mini, unha actividade que nas últimas tempadas reúne a deportistas que destacan polo seu bo xogo na cancha e que se desenvolverá este sábado 5 de decembro no Pavillón Municipal do Restollal, en Santiago de Compostela.

Ao longo de toda a xornada sucederanse os partidos sen marcador, nos que se enfrontarán as distintas seleccións zonais Mini, correspondentes a Vigo, Santiago, A Coruña, Arousa, Ferrol, Lugo e Ourense. A actividade é de portas abertas, polo que tanto familiares e amigos dos deportistas convocados como calquera afeccionado poderán ver todos os partidos, que se celebrarán simultánea e concatenadamente no tres pistas dispoñibles.

Candea Rodríguez, Santiago Martínez, Roberto Varela e Mateo Villanueva acudirán como parte da Selección Zonal da Coruña, que estará integrada por dous equipos masculinos, con dez xogadores cada un deles, e un feminino, igualmente de dez xogadoras. O Club Básquet Coruña tamén estará representado no corpo técnico que atenderá a cita, xa que Héctor Méndez dirixirá desde o banco a un dos equipos masculinos, en cuxas filas estarán os nosos xogadores Santiago, Roberto e Mateo, e Patricia Rodríguez, dirixirá ao feminino e por conseguinte a Candea. Xornada intensa, por tanto, que sumará un total de 24 partidos, un maratón de baloncesto que seguro que gozarán xogadores e público, esta vez sen a presión do marcador. 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi