XIX CAMPUS MILENIUN: A por o terceiro día

No día de hoxe, o batallón 1 (amarelo) pasou a mañá na Cidade Deportiva de La Torre, onde gozaron  cunha sesión de iniciación ao Golf e xogos tradicionais; na sesión vespertina iniciaron cunha sesión de piscina e terminaron cun adestramento de baloncesto.
O batallón 2 (vermello) pasou a xornada na súa sede “Basee” de Maxisterio e pasaron o día entre adestramentos de baloncesto e sesións recreativas de Dinamización “de grupo” e “Risoterapia”.
Os maiores, do batallón 3, pasaron a mañá no albergue “A Mercé” onde probaron a escalada, o tiro con arco e as canoas. Pola tarde, retomaron as sesións técnicas de baloncesto.
Mañá, en relación ao equipamento,  o batallón 2 (vermello) pasará a mañá no Albergue “A Mercé” polo que é necesario, que ademais da roupa habitual, traian bañador, toalla, chanclas e protector solar. O batallón 3 (verde) Iniciará a xornada nas inmediacións da Torre de Hércules e durante a tarde fará unha sesión na piscina de Riazor polo que deberán traer, ademais da roupa habitual de adestramento, bañador, toalla, chanclas e gorro de piscina. Por último, o batallón 2 (vermello) unicamente deberán traer a roupa habitual de adestramento.