Ximnasia rítmica no descanso do partido do sábado

As 20:00 será a hora á que de inicio o partido que o Leyma Coruña disputará fronte ao Actel Força Lleida no que supón a xornada 7 de campionato e na que os afeccionados laranxas esperan a que sería a terceira vitoria, xa que a primeira foi vencendo ao Araberri (76-68), e o equipo vén de vencer a domicilio ao Río Ourense Termal (84-87).

As deportistas que conforman o Club Ximnasia María Barbeito, queren dar a coñecer o seu bo facer e as súas capacidades. Por algo fixeron pleno no Campionato Galego co tres equipos en pódium.

O Club nace no colexio coruñés do mesmo nome cando a ximnasia rítmica empeza a ter unha gran aceptación entre as nenas nas actividades extraescolares. Así, no 2000 decídese crear o club para participar en diferentes eventos deportivos a nivel autonómico e nacional. Desde entón traballa como escola asumindo a formación deportiva de nenas con idades comprendidas desde os 4 anos ata máis aló dos 11.

Para iso as clases estrutúranse en cinco grupos de idades:

GRUPO 1 :

Nadas no an?ou 2012 e 2013

GRUPO 2 :

Nadas no an?ou 2010 e 2011

GRUPO 3 :

Nadas no an?ou 2009

GRUPO 4 :

Nadas no an?ou 2007 e 2008

GRUPO 5 :

Nadas no an?ou 2006 e anteriores

O Club Ximnasia María Barbeito ten un calendario moi amplo e variado ao longo de todo o ano, con competicións e eventos case todos os meses. O 18 e 19 de novembro celébrase en Vitoria a XII Gala Internacional Euskalgym de Gimansia Rítmica á que acudirán e antes de acabar o ano, o 26 de novembro asistirán á Copa de España e entre o 30 de novembro e o 3 de decembro ao Campionato Nacional de Conxuntos Absoluto.

O sábado actuarán no descanso do partido, o conxunto de categoría alevín, subcampión galego, e o conxunto júnior, medalla de bronce no campionato galego.

Como sempre, desde o Club Leyma Básquet Coruña desexámoslles a todos e todas as deportistas coruñesas, o maior dos éxitos e convidamos a todos os afeccionados ao básquet que asistan o sabado ás 20:00 ao partido do Leyma Coruña a que gocen da demostración de ximnasia rítmica que correrá a cargo do Club Ximnasia María Barbeito.