Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 06/08/2015 10:55

VLADI ORLOV DEFENDERÁ As CORES DO LEYMA BÁSQUET CORUÑA

VLADI ORLOV DEFENDERÁ LOS COLORES DEL LEYMA BÁSQUET CORUÑA

O Club Leyma Básquet Coruña segue avanzando no deseño do seu persoal e esta mañá anunciou que o pivote Volodymir Orlov –coñecido como Vladi Orlov- vestirá de laranxa na nova tempada.

Con dobre nacionalidade ucraína e española, Orlov formouse deportivamente en equipos andaluces desde temperá idade. É un interior alto -208 cm- moi hábil para anotar en transición. Gran reboteador e intimidador, ponllo difícil aos seus rivais, desenvolvendo  unha defensa agresiva tanto preto do aro como nos bloqueos directos.

Tras xogar nas categorías inferiores do Unicaja SD de Málaga e o Cajasol Sevilla, Orlov estreouse na liga EBA xogando no CB Morón durante a tempada 2013-2014. Co fin de seguir crecendo baloncestísticamente, na última tempada asinou polo CB Canarias, o que lle permitiu adestrar co equipo da ACB e competir no vinculado RC Náutico da liga EBA, ata que fichou polo onubense CD Baloncesto Enrique Benítez, onde finalizou a tempada. Así mesmo, Orlov é internacional polo seu país de nacemento nas categorías Sub-18 e Sub-20, onde tampouco defraudou.

As súas estatísticas no Enrique Benítez, onde xogou 10 partidos -27 minutos por partido-, foron de 13 puntos, 8 rebotes, 1 asistencia e 2 tapóns por partido.

Deste xeito, o primeiro equipo do Club Leyma Básquet Coruña conta xa con nove xogadores confirmados: Vladi Orlov, Joan Creus, Gediminas Zyle, Sergio Olmos, Zach Monaghan, Ben Stelzer e os xa veteranos no equipo, Anxo Hernández, Beka Burjanadze e Jesús Castro.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi