Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 03/10/2020 15:38

Vitoria traballada no terceiro partido de pretemporada

Victoria trabajada en el tercer partido de pretemporada

A pesar das restricións aplicadas polas autoridades sanitarias na cidade de Ourense, e que obrigaron á suspensión do encontro na cidade das burgas, un cambio de escenario deu a posibilidade de que levase a cabo o enfrontamento. Ademais da variación de lugar (o partido tivo lugar en #OFornodeRiazor), modificou tamén a súa categoría, de Copa Galicia a amigable.

Baixo estas condicións, comezou o encontro con superioridade por parte do conxunto local. A intensidade do equipo, xunto coa concentración defensa e o acerto en rebote, foron claves nos primeiros compases, finalizando o primeiro cuarto con 23-13, +10 no marcador para o Leyma Coruña.

Con todo, os ourensáns non ían borrarse do partido axiña que, e ante algunhas imprecisións locais, conseguiron remontar ese +10 e chegar ao fío do descanso co marcador igualado 41-41.

Pero o Leyma saíu enchufado á volta dos vestiarios, e os capitáns tiraron de oficio e experiencia para asentar as bases e volver á versión da vitoria. O cuarto finalizou 62-50, 12 arriba para os pupilos de Sergio García.

No cuarto final, de novo o COB ?revivía? para apertar ao conxunto laranxa. Aínda que parecía que todo estaba feito coa vantaxe cultivada no cuarto anterior, o equipo da cidade das burgas loitou ata o último suspiro. Pero a vitoria foi laranxa, por 76-73, e marcando 3/3 vitorias en pretemporada.

O seguinte encontro terá lugar o vindeiro mércores 7, ás 19:00 horas, ante o CB Breogán e poderá seguirse en directo pola nosa canle de Youtube.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city