Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 07/02/2016 18:57

Vitoria laranxa contra a Palma Air Europa apoiada nunha defensa crave no último cuarto

Victoria naranja contra el Palma Air Europa apoyada en una defensa clave en el último cuarto

O Leyma Básquet Coruña segue en boa forma e plantando cara aos grandes da liga. Se na anterior xornada venceu a domicilio ao Café Canelas Breogán, este mediodía fixo outro tanto en Riazor fronte á Palma Air Europa, cun resultado final de 91-81.

Na rolda de prensa posterior, o técnico laranxa Tito Díaz destacou a confianza que para o equipo supón "gañar dous partidos seguidos a dous grandes", o que na súa opinión foi posible porque hoxe o equipo saíu concentrado e crendo no seu xogo, sen perder a cabeza cando o rival púxose por diante no marcador grazas ao seu alto nivel de acerto nun "vendaval de triples", como os definiu o adestrador galego.

En boa medida, eses tiros exteriores da Palma Air Europa foron os que mantiveron un luminoso bastante igualado no tres primeiros cuartos do choque, nos que as máximas vantaxes foron de 7 puntos para os locais e de 6 para os visitantes.

Pero no último cuarto o Leyma Básquet Coruña apertou aínda máis en defensa, o que provocou varias perdas de balón decisivas por parte da Palma Air Europa. Para Tito Díaz esa intensidade defensiva do último período foi fundamental para o desenlace: "conseguimos que o seu ataque se espesara e deunos confianza para rematar o partido", sinalou, á vez que tachou de "vitoria coral" a lograda hoxe polos seus, na que todos achegaron e empregáronse a fondo.

Unha nova demostración da importancia de facer equipo, unido a "seguir xogando o noso baloncesto, iso é o que máis me importa agora", subliñou o técnico a preguntas da prensa polo horizonte que se vai debuxando de face aos play off. Aínda quedan dez partidos de liga regular e por tanto moito traballo por diante, asegura o lucense. A nova montaña para escalar chámase, nin máis nin menos, San Pablo Inmobiliaria Burgos. Iso será o vindeiro venres en terras castelás.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-j20-leb-oro.MP3






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi