Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 07/10/2020 21:56

Vitoria de infarto con triplo sobre a bucina

Victoria de infarto con triple sobre la bocina

Empezaba o encontro con baixa anotación por parte de ambos os conxuntos, que intercambiaban ataques e contraataques, pero que non lograban finalizar no aro as súas actuacións. Aos poucos os puntos foron chegando, e aínda que o cuarto tivo un parcial de 15-5 para o conxunto laranxa, os lucenses non se deixaron superar e o cuarto finalizou 17-16.

No segundo período, o Leite Río Breogán saíu máis enchufado, nos primeiros minutos. O Leyma tivo que tirar de concentración de novo, e con traballo un gran traballo en defensa, conseguiu irse ao descanso cun 39-35 no marcador.

Á volta dos vestiarios, parecía que o conxunto visitante se escaba lixeiramente no marcador, tras uns minutos de imprecisións dos xogadores de Sergio García. E aínda que puidese parecer que a situación ía cambiar, os últimos dous minutos e medio o Leyma deu un recital sobre a cancha. Sumou puntos decisivos para o equipo, conseguindo superar de novo ao rival, cun marcador de 50-49.

E o cuarto final non ía ser menos. As pilas cargadas dos últimos compases do terceiro período foron o combustible necesario para loitar e lograr a vitoria no derbi do leite. Vitoria conseguida cun triplo sobre a canastra, de Osvaldas Matulionis a pase de Augustas Peciukevicius, tras un TM pedido por Sergio García cando quedaban escasos 6 segundos de partido, e o Breogán tiña case asegurada a prórroga.

Final feliz en Riazor, sobre todo, para os 300 afortunados que puideron volver a #OFornodeRiazor despois de 7 meses, e que gozaron dunha vitoria de infarto.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi