Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 19/06/2019 19:00

Visita ao Aquapark de Cerceda, taller de cociña saudable e introdución ao rugby co CRAT

Visita al Aquapark de Cerceda, taller de cocina saludable e introducción al rugby con el CRAT

O Campus Milenium desta edición contará, ademais de con adestramentos diarios de baloncesto, con outro conxunto de diversas actividades deportivas.

Unha delas, con moito éxito os últimos anos, será a da visita ao Aquapark de Cerceda, único complexo acuático destas características en Galicia e que os participantes do noso Campus visitarán unha edición máis, como unha das excursións de día completo. Unha xornada de diversión, na que os nosos deportistas estarán acompañados en todo momento polos monitores e onde a protección solar e a seguridade estarán garantidas.

Así mesmo, os nosos participantes poderán participar nun taller de cociña saudable a cargo do proxecto Bululú. Un proxecto co obxectivo de crear, xestionar e promocionar actividades socioculturais, educativas, deportivas e ambientais. Entre a súa oferta de actividades, ademais de talleres de todo tipo, están dinamizacións de lectura, como contacontos, ou actividades extraescolares, entre outras.

Ademais, un ano máis volveremos contar coa colaboración do CRAT UDC para gozar dunhas nocións básicas de rugby. O equipo feminino logrou por segunda vez esta tempada ser campión da Liba Iberdrola e será todo un luxo que os nosos participantes poidan contar cos ensinos das bicampioas ligueiras.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city