Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 09/10/2017 11:39

Vitoria de club

Victoria de club

Un Luns 14 de Agosto empezaba a preparación da fase de ascenso a liga galega por parte dos dous equipos cadetes do club, tanto o masculino como o feminino.

32 adestramentos, moita carga física, técnica, táctica e emocional, cun obxectivo en común, máxima responsabilidade individual para o éxito colectivo e chegar preparados para o cruzamento final polo ascenso. E así foi.

Un bus cargado de nervios pero con moita ilusión e ganas saía rumbo a Santiago para presenciar a primeira final da tarde, era momento das mozas, o seu rival, CB Giraldo de Vilagarcía.

Unha bancada chea de sentimento laranxa dicíanos que aquí algo importante estabamos a xogarnos, o equipo cadete masculino na bancada non paraba de animar ás súas compañeiras e estas non lles podían fallar. Vitoria laboriosa por parte das nosas mozas que conseguen unha traballada e merecida praza en Liga Galega.

Non tiñamos tempo a moitas celebracións, as mozas sabíano, tocaba animar aos mozos. Isto aínda non terminara.

Quenda para o cadete masculino, o seu rival Seis do Nadal de Vigo. E outra vez a bancada chea de afección laranxa. Ruído, moito ruído, era quenda das mozas animar aos seus compañeiros. Cheirábase que algo bonito podía pasar. Partido moi duro pero cun final feliz. Outro ascenso máis.

Agora se! era momento de celebralo, ambos os equipos comparten abrazos e sorrisos no medio da pista orgullosos do traballo realizado, mereciámonolo/mereciámosnolo.

Isto non é premio do agora, é premio a un traballo de todos os adestradores que axudaron a esta xeración a ser mellores xogadores,

VITORIA DE CLUB!.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city