Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 10/11/2020 21:28

Vendaval laranxa

Vendaval naranja

Pelexouna o conxunto laranxa, e conseguiuna. A primeira vitoria da tempada fíxose esperar máis da conta. Primeiro por partidos aprazados, despois por xornada de descanso, e unha vez no partido, por problemas técnicos na mesa de anotación.

No que a baloncesto se refire, a vitoria foi contundente, tanto polo avultado do marcador (+28 ao termo do encontro), como pola superioridade tanto en defensa como en ataque dos xogadores de Sergio García.

Xa no primeiro cuarto podíase predicir como sería o encontro. A pesar dun inicio lixeiramente titubeante, o Leyma facíase con puntos e máis puntos, fixando o luminoso cun contundente 04-22.
E o mesmo ocorría no segundo cuarto, o recital en defensa e as canastras anotadas afastaban máis e máis aos coruñeses, que se ían ao descanso con 22-39.

Á volta dos vestiarios, os locais tentaron imporse, sobre todo por mediación de Mus Varro. Con todo, os seus intentos quedaron niso. Xa que a distancia entre ambos os equipos non facía máis que separarse. O último cuarto empezaba con 35-48, e serviu como colofón final aos xogadores laranxas, que fixaron a vitoria final nun 50-78.

Consegue así o Leyma Coruña a súa primeira vitoria, e esperemos que non a última esta semana, xa que o domingo 15 ás 19:00h enfróntase a Club Melilla Baloncesto, en #OFornodeRiazor.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi