Equipos base | 08/01/2019 13:16
Uxía Cascales López e Anxo González Casado, convocados para a preselección galega Mini

Os nosos xogadores do Básquet Coruña Uxía Cascales López e Anxo González Casado foron chamado para participar na convocatoria das preseleccións galegas Mini que se celebran o vindeiro domingo 13 na Estrada.
Os adestramentos desenvolveranse no Pavillón Manuel Coto Ferreiro. No caso da categoría masculina o adestramentos serán de 10 a 12 e de 16 a 18 horas, mentres que na feminina as sesións serán de 12 a 14 e de 18 a 20 horas.
Desde o Básquet Coruña desexamos que os nosos xogadores gocen da experiencia formativa compartindo adestramentos e convivencias cos mellores xogadores galegos da súa xeración, da que eles forman parte.
Equipos base | 21/12/2018 13:16