Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 1ªDiv: Fisiogal Centro de Fisioterapia - Basquet Coruña Leyma S · 29/11/2020 19:00 La Salle || Senior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña S · 28/11/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Maristas Coruña · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalia · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - KFC Culleredo · 29/11/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Montrove · 28/11/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Fem. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/11/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - KFC Culleredo · 29/11/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 03/04/2019 17:37

Unha vez finalizada con gran éxito a 1ª fase, Basquet Coruña inicia a 2ª fase de subscrición de accións para os seus Socios

Una vez finalizada con gran éxito la 1ª fase, Basquet Coruña inicia la 2ª fase de suscripción de acciones para sus Socios

O Club Básquet Coruña concluíu con gran éxito a primeira fase de subscrición de accións na que un 68% dos socios subscribiron accións.

A partir de mañá día 4 de abril e ata o 3 de maio, todos os socios que subscribisen 7 accións na primeira fase poderán agora subscribir un máximo de 10 accións e, se o desexan, poderán optar á subscrición de accións adicionais no caso de que estean dispoñibles.

Nesta segunda fase os socios poderán subscribir un total de 657 accións o que eleva a cifra de capital a subscribir a un total de 32.850 euros. A directiva estima que nesta segunda fase subscribiranse a totalidade das accións.

O proceso de subscrición será moi similar ao da primeira fase, polo que os socios poderán acudir, desde o xoves 4 de abril, ás oficinas do Club en Arquitecto Rei Pedreira 3, ou á oficina de CAIXABANK,, na praza de Ourense 3, como patrocinador do club e entidade financeira para este proceso, e alli atoparán a información necesaria para subscribir as accións xunto cos boletíns de subscrición. Así mesmo, na páxina web do club (www.basquetcoruna.com) estará dispoñible a información e a documentación necesaria, aínda que sempre será necesario a entrega de documentación orixinal na oficina do Club ou na oficina de CAIXABANK mencionada.

O club, adicionalmente ao teléfono habitual (981 264022), habilitou unha dirección de correo electrónico (Sad@basquetcoruna.com) para que os socios que teñan calquera dúbida sobre o proceso de subscrición poidan facer as consultas que consideren.

A intención do Club, unha vez finalizada a subscrición dos 60.000 euros iniciais e conclúanse os trámites posteriores (inscricións nos rexistros correspondentes e elección do Consello de Administración), é iniciar unha ampliación de capital para tratar de capitalizar a entidade ao máximo e cumprir co requisito de capital social mínimo esixido para poder participar na ACB que se estima ao redor dos 1,7 millóns de euros (establécese anualmente por parte do CSD). Nesta ampliación, ademais dos accionistas que acudisen á conversión, ofreceranse accións ao público en xeral e ás empresas que queiran apoiar o importante labor social e formativa do club e os seus plans de crecemento, co obxectivo de gozar no futuro na nosa cidade da máxima competición nacional de baloncesto.









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citymarineda city