Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 18/02/2017 00:20

Unha mala defensa antes do descanso, clave na derrota dos laranxas en Riazor

Una mala defensa antes del descanso, clave en la derrota de los naranjas en Riazor

O Leyma Coruña caeu derrotado esta noite en Riazor ante os Calzados Robusta cun resultado final de 62-71. Os de Tito Díaz fallaron en defensa e en acerto, mentres que o rival xogou cómodo, paulatinamente afianzado no seu xogo e nas súas posibilidades de levar unha valiosa vitoria que lles axude a consolidar a permanencia na categoría.

Aínda que o primeiro cuarto xa finalizou co luminoso a favor dos Calzados Robusta grazas a un triplo no último instante (17-18), a distancia púxose en catorce puntos ao descanso (31-45). A razón fundamental, segundo recoñeceu o adestrador Perico Díaz tras o partido, foi a mala defensa nos últimos minutos do segundo cuarto, algo que xustificou fundamentalmente polo seu propio erro ao expor a defensa dos bloqueos directos: "arriscamos moito, abrimos moito o campo e permitimos moitas continuacións e canastras fáciles debaixo do aro, un erro claro meu", insistiu.

Na súa opinión, aínda que no terceiro cuarto o Leyma Coruña mellorou atrás claramente, non bastou para frear a uns Calzados Robusta que xogaba cómodo grazas á renda da primeira parte, porque os laranxas cometeron un segundo erro: "o equipo xogou con ansiedade en canto viuse por baixo no marcador, houbo precipitación por remontar enseguida, faltou paciencia, coma se fose máis importante gañar que xogar", reflexionou.

E, como terceiro factor determinante do resultado, Tito Díaz sinalou a falta de acerto, do mesmo xeito que no anterior partido contra o Ourense Provincia Termal, lembrando que "o noso estilo de baloncesto é de risco, de buscar situacións chegando, unhas veces aproveitámolas, outras non".

En calquera caso, o adestrador do Leyma Coruña saíu en defensa dos seus: "somos un equipo modesto, moi traballador, todo o que conseguimos é a base de esforzo e pelexando ata o final", e felicitou aos xogadores por levar 14 vitorias e 11 derrotas a estas alturas de tempada.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi