Unha xornada diferente e apaixonante? en Corax Fauna

Onte, aproveitando o parón esta semana por xanelas FIBA, o primeiro persoal do Leyma Coruña viviu unha xornada diferente, acudindo a Corax Fauna, un centro educativo da fauna salvaxe.

Corax está situado no concello de Paderne e durante a visita, os xogadores do conxunto laranxa gozaron coa diversidade de animais que alí hai, contando con máis de 40 especies diferentes. Aprenderon acerca dos seus coidados, forma de vida e da súa propia historia, así como un apaixonante encontro e interacción cunha tigresa bengala.

Se queres coñecer máis sobre este centro, non dubides en visitar a súa páxina web: https://www.corax.es/

Ademais, a través do vídeo da seguinte ligazón poderás ver que tal o pasaron os xogadores:
https://youtu.be/iGiCH4KmfrQ