Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - GRANADA · 17/10/2021 19:00 PALACIO DE DEPORTES GRANADA || Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - BAXI FERROL · 17/10/2021 12:00 RIAZOR 2 || Senior Masc. 2ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña S · 16/10/2021 16:00 INSTITUTO ROSALIA || Junior Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña J - SD TUI · 16/10/2021 20:00 RIAZOR 2 || Junior Fem. 1ªDiv: ARXIL - Básquet Coruña Leyma J · 17/10/2021 18:00 UNIVERSITARIO PONTEVEDRA || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - MARISTAS CORUÑA · 17/10/2021 17:00 RIAZOR 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña Leyma C · 16/10/2021 10:30 INSTITUTO ROSALIA || Cadete Masc. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña C · 16/10/2021 12:30 INSTITUTO ROSALIA

Equipos base | 25/05/2018 14:15

Un total de seis xogadores do club nos PDC para nacidos en 2007, 2008 e 2009

Un total de seis jugadores del club en los PDC para nacidos en 2007, 2008 y 2009

A Federación Galega de Baloncesto convoca o próximo fin de semana un PDC pechado para nacidos en 2008 e 2009 (aberto) e o 9 e 10 de xuño en Carballo PDC Autonómicos para xogadores e xogadoras nacidos en 2007. Un total de seis xogadores (catro delas xogadoras) do Básquet Coruña foron convocados.

O próximo fin de semana, o sábado 2 de xuño, terá lugar o PDC para nacidos en 2008 (pechado) e o de 2009 (aberto). Ambos desenvolveranse no Agra 2. Para nacidos en 2008 foron convocados dous xogadores laranxas, Jorge Dafonte Seoane e Sandro Gontá Gómez, de 10 a 11.30 horas e dúas xogadoras do club, Irene Díez Álvarez e Clara Pato Souto, de 11.45 a 13.15 horas.

Mentres, no caso do PDC de 2009, aberto, haberá dúas quendas para que participen entre dúas e tres xogadores por club. De 10 a 11.30 horas, para nenos nados en 2009 (benjamines de primeiro ano) e de 11.45 1 13.15 para nenas nadas en 2009.

O fin de semana do 9 e 10 de xuño celebrarase o PDC Autonómico para nenos e nenas nacidos en 2007 no Pavillón Vila de Noia en Carballo. No caso da categoría feminina, que terán que presentarse o venres 9 ás 10.30 na instalación e recollidas na mesma instalación o domingo ás 18.30 horas. As elixidas do Básquet Coruña son: Uxía Cascales Roca e Carla Vázquez Roca. Os adestramentos serán o sábado e domingo en horario de mañá e tarde. Levarán levar roupa de deportiva e muda para a ducha.

Todos os participantes terán que portar unha botella de auga e indumentaria deportiva e calzado adecuado. Desde o Básquet Coruña desexamos que todos os nosos convocados gocen desta experiencia lúdica, deportiva e formativa, dirixida por técnicos da FGB.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor