Actividades | 10/02/2014 16:36
Un pouco máis preto do noso Pozo en Cafia

No transcurso do partido do pasado venres entre o Leyma Natura Básquet Coruña e os Queixos Cerrato Palencia, tivo lugar unha xornada máis do noso proxecto ?trece partidos? trece causas solidarias? nesta ocasión, foi dedicado á ONG Miradas ao Mundo.
O Club propúxose como obxectivo construír, do mesmo xeito que algún centro escolar da cidade, un pozo de auga en Guinea Bissau, concretamente na aldea de Cafia. O noso pozo chamarase ?Pozo Básquet Coruña?. Para iso, durante o pasado partido vendéronse rifas para o sorteo dunha camiseta do primeiro equipo, con esta actividade recadáronse 333 euros, o que unidos a 192 reunidos nunha actividade do pasado Campus Mileniun dános un total de 525 euros. O prezo do Pozo roldaría os 900 euros polo que aínda nos faltan 375 euros.
Ao longo do ano faremos outra actividade para tentar chegar a eses 900 euros que nos permitan lograr dotar de auga potable á aldea de Cafia.
Moitísimas grazas pola colaboración de todos.