Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 17/02/2018 16:34

Un mal inicio condena ao Leyma Coruña ante o CB Prat (65-81)

Un mal inicio condena al Leyma Coruña ante el CB Prat (65-81)

O Leyma Coruña sumou a súa segunda derrota consecutiva ante o CB Prat (65-81) nun partido condicionado pola mala saída dos coruñeses no partido. Os de Gustavo Aranzana comezaron cun 2-13 de saída e finalizaron o primeiro cuarto once abaixo (12-23). Os visitantes facíanse fortes nos dous aros e sobre todo no rebote, cunha diferenza de 21 capturas con respecto aos locais en todo o partido.

As distancias seguían aumentando no luminoso ata chegar aos 20 puntos (14-34), cun Agada que se convertía en protagonista dun cuarto que obrigaba aos herculinos a dar un paso adiante tras o descanso, tanto en defensa como en ataque para reverter a situación (31-47).

A reacción chegaba no terceiro cuarto, cunha achega coral de xogadores como Olmos, Cooney, Anxo e un Monaghan en plena efervescencia (52-58). Paraba o xogo Arturo Álvarez e os locais pagaban o titánico esforzo do cuarto no acto definido (54-66).

Tras varios minutos con escaso tenteo, o Prat era capaz de encadear unha serie de puntos que impedían albiscar calquera indicio de remontada laranxa e ratificaban a vitoria do segundo clasificado, que segue á espreita do Breogán (65-81).

O próximo encontro dos coruñeses como locais será o venres día 2 de marzo ás 21.00 horas ante Cáceres Patrimonio da Humanidade.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi