Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 30/11/2017 10:49

Un gran acerto exterior dá a vitoria ao Leyma Coruña ante os Chocolates Trapa Palencia (96-78)

Un gran acierto exterior da la victoria al Leyma Coruña ante el Chocolates Trapa Palencia (96-78)

O Leyma Coruña sumou o seu cuarto triunfo das tempadas tras imporse aos Chocolates Trapa Palencia, nun encontro no que a gran porcentaxe de acerto no tiro de tres (55.6%) encarrilou a vitoria.

O primeiro cuarto, os locais estiveron liderados por un excelso Anxo Hernández. O capitán, con dous triplos case seguidos, establecía as primeiras diferenzas no luminoso (18-12), aínda que os palentinos terminaban recortando ao final do primeiro acto (24-21).

Empezaban peor os coruñeses no segundo, que chegaban a verse abaixo no marcador (27-29), o que obrigaba a Gustavo Aranzana a pedir tempo morto (27-29). A partir dese momento o equipo encadeaba un parcial de 11-4 (40-33). Volvía sufrir un pequeno desfalecemento antes do descanso o Leyma, moi penalizado polas segundas xogadas ao non atrapar o rebote defensivo. Con todo por decidir chegábase á segunda parte (46-41).

Chegaba no terceiro cuarto o mellor momento do partido para o cadro herculino, que con cinco triplos seguidos puña terra polo medio deixando sentenciado o partido de face ao últimos dez minutos (70-58). No último cuarto os locais só tiñan que administrar a súa vantaxe, aínda que seguía o festival anotador, ao que se sumaba con dous triplos, entre outros, Eduardo Sonseca.

O Leyma Coruña volverá competir este domingo a domicilio ás 19.00 horas na cancha do Básquet Manresa.

 








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city