Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 07/06/2018 17:41

Últimas prazas para o Campus Milenium

Últimas plazas para el Campus Milenium

O prazo para inscribirse no Campus Milenium entra na súa recta final e xa hai máis de 180 participantes confirmados para un límite de 250. A data límite para anotarse é o próximo 22 de xuño.

 Lembramos que a inscrición se pode facer en liña a través da web: www.basquetcoruna.com, ou ben, entregando o boletín de inscrición e facendo o pago nas oficinas do Club: Arquitecto Rei Pedreira, 3 15011 A Coruña - Tel.: 981 264 022 (horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas).

 O campamento desenvolverase os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, 2, 3, 4, 5 e 6 de xullo, as dúas primeiras semanas de vacacións escolares como vén sendo habitual. Con todo, e atendendo ás múltiples peticións recibidas polos participantes e as súas familias, ofértase unha semana máis opcional os días 9, 10, 11, 12 e 13 de xullo.

O campamento comezará ás 09.00 horas e finalizará ás 18.00 horas e terán lugar nas instalacións da Normal (antigo Maxisterio), o Agra 2 e o Pavillón do Colexio Calvo Sotelo.

Lembramos que o Campus Milenium é para xogadores e xogadoras nacidos entre 2002 e 2013 e que busca a promoción do baloncesto nunha contorna lúdica-deportivo.

 O prezo da inscrición lembramos que é 275 euros, incluíndo xantar e merenda. Aos xogadores/as do club, colexios e clubs vinculados, Comunidade UDC ou inscricións do segundo irmán aplicaráselles un prezo reducido de 235 euros.

 Apuntamos que os participantes que se acollan á opción da terceira semana terán un custo total de 400 euros (350 ? para os que teñan dereito a prezo reducido), cos mesmos descontos explicados anteriormente.

En caso de precisar servizo de autobús, o seu prezo é de 50 euros para as dúas semanas, e 75 euros para os que escollan o tres.

 

Ligazón ao formulario de inscrición 








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city