Últimas 15 prazas para o XIX Campus Mileniun

Nestes momentos, unicamente faltan por cubrir 15 prazas para completar todas as ofertadas para esta edición. Lembramos que o prazo de inscrición finaliza mañá ás 14 horas e podes reservar a túa praza tanto nas oficinas do Club Básquet Coruña, enchendo o boletín de inscrición e entregando o cartón sanitario, como de forma online no formulario que aparecer no lado dereito desta web e enviando unha copia do cartón sanitario xunto ao xustificante de pago a: actividades@basquetcoruna.com