Equipos base | 04/12/2018 09:25
Tres xogadores da nosa canteira laranxa nos PDC Geo Norte 2009

As xogadoras da nosa canteira Idoia Filgueira Mañá e Marta Novás Ogén, e o xogador Nicolás Barreira Álvarez foron seleccionados para o PDC XEOGRÁFICO NORTE de xogadores nados en 2009 que terá lugar na Estrada este xoves 6 de decembro ás 11.30 en canto ao grupo feminino e 9.30 horas o masculino, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro.
Unha actividade que serve de seguimento dos PDC realizados nas diferentes áreas xeográficas durante toda a tempada, coa meta de manter o control e seguimento de todos estes mozos xogadores.
As sesións de adestramento estarán dirixidas por técnicos integrados dentro da área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto e desenvolveranse na instalación estradense ao longo de toda a mañá.
Desde o Básquet Coruña desexamos aos nosos xogadores que gocen desta nova experiencia formativa e felicitámoslles pola convocatoria.